«A realidade é demasiado recalcitrante, falta misterio»

Entrevista | Vari Caramés
Paso a paso, o creador ferrolán, que a semana próxima abre en Vigo unha nova exposición, vén de situar o seu nome entre as grandes firmas da fotografía europea

-¿E por fin hai en España un mercado importante para a fotografía de autor?

-Empeza a haber ese mercado. Tardou, si, e cousa vai lenta, pero segura.

-En países como Francia, no que tamén se venden as súas imaxes, a situación é moi distinta…

-Bastante distinta, efectivamente. Alí xa hai unha cultura fotográfica, unha tradición de mercar fotos de autor. Non hai que esquecer que é o país que inventou a cámara fotográfica, e alí é onde a día de hoxe hai máis museos, galerías, fundacións e coleccións dedicadas á imaxe fixa dun xeito monográfico.

-Pero é curioso: nun tempo no que está tan presente a imaxe en xeral, no que a palabra ás veces parece verse postergada, a fotografía tampouco está a gañar desmasiado espazo como obxecto de culto. ¿Non?

-Iso depende. O certo é que nunca se publicaron tantos libros de fotografía como agora. E a fotografía de autor págase máis que antes. Afortunadamente, está máis valorada. Eu vendo agora máis fotos que hai vinte anos, é así. Vai habendo, como che dicía, un mercado diferente. Todo está mudando. O que pasa é que a fotografía está deixando de ser un compartimento estanco. Se me preguntas en concreto polo meu caso, eu estou a me mover nunha fronteira, na ambigüidade na que o mundo da fotografía se achega ao da pintura. Afortunadamente, nada é o que parece. Vivimos nun mundo raro. A realidade é demasiado recalcitrante. Falta misterio. E falta poesía. ¡Estamos perdendo tantas cousas…!

-¿Que cousas perdemos?

-Pois perdemos inocencia. E o máis bonito que temos os seres humanos, que é a infancia, eses mundos da imaxinación e da sorpresa que son fundamentais para vivir. O día que perdamos por completo ese neno que todos levamos dentro, estaremos finiquitados. Hai que buscar solucións.

-¿E a solución cal é?

-Hai que manter a aposta pola sensibilidade, pola cultura, pola educación, pola conviencia, pola tolerancia… Todo iso vai xunto.

-Unha pregunta inevitable: ¿a película de sempre, ou as cámaras dixitais?

-Non teño cámaras dixitais. E non estou en contra desa ferramenta, que me parece interesantísima, pero a min gústanme as cámaras que levan rollo, ás que se lles pon a película dentro. Unha película que despois hai que revelar e vestir no laboratorio para obter a imaxe final. A min gústame a artesanía.

-¿Cre que as novas tecnoloxías substituirán ese tipo de fotografía, ou é unha superstición moderna pensar que uns soportes varren a outros?

-Son instrumentos diferentes e cada unha delas ten as súas posibilidades. Non sei se acabará por desaparecer a fotografía sobre película, pero desde logo espero que iso non suceda mentres eu viva. Ainda así, todas as tecnoloxías novas me parecen moi ben. Pero o que non pode ser é que porque exista Internet nos vaiamos poñer a pensar en deixar de fabricar bolígrafos. ¿Sempre se escribirá a man tamén, non…? Cada ferramenta é para un determinado obxectivo. -¿Que hai nesta nova serie, na que exporá en Vigo?-Para min Escenarios é unha continuación de Tránsito , que estes días está exposta en Palma de Mallorca, na galería Aba Art. Son fotos, estas novas, nas que intento camiñar polos lugares do que eu chamo a Zona Imaxinación , por eses sitios nos que temos a estraña sensación de que se vai materializar o espellismo. Son imaxes para a suxestión, que quizais se vexan mellor cos ollos pechados que cos ollos abertos. A min gústame chiscarlle o ollo ao espectador, que é algo que me sitúa precisamente tan cerca da pintura. A min non me interesa a obviedade, o que me interesa é a evocación.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s


%d bloggers like this: